A Historia dos Bonobos con Lentes (Tras os Montes) (en Gallego)

Adela Turin · Kalandraka

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas». Converteuse axiña nunha serie de referencia para a coeducación e para a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios. Bonobos e bonobas tiñan un estatus moi desigual na fraga onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas recolectaban; eles viaxaban, aprendían e modernizábanse pero non aceptaban que elas tamén evolucionaran e burlábanse do seu aspecto. Tiñan a errónea teoría de que a educación e o progreso do grupo enteiro era prexudicial; ata que as bonobas cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes