a nena de ouro (en Gallego)

úrsula heinze · edicións xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

susi pasa moito tempo soa xa que os seus país están moi ocupados e non poden xogar con ela.unha tarde de verán susi está xogando soa na horta da súa casa. tenta falar coas plantas, cos animais... pero non atopa resposta. de repente, aparece unha nena diminuta. explícalle que se chama áurica, a nena de ouro, e invita a susi a unha viaxe para coñece-lo mundo que hai ó seu arredor. mediante unhas palabras máxicas, a nena de ouro fai que susi se volva tan pequena coma ela. e as dúas xuntas emprenden unha viaxe na que utilizarán os máis diferentes medios para se desprazaren: un cabalíño do demo, un carro tirado por dous escornabois, unha barca feíta coa vaíña dunha faba...así, as dúas nenas van vivindo diferentes aventuras. pero chega a noite, susi ten que volver onda seus país, e deciden regresar. e susi, sen saber como, atópase de novo ó pé da súa casa, xa coa estatura normal.¿fora todo un soño? ela sabe que non, aínda que a nai se empeñe en non lle dar creto ás incribles aventuras da nena.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes