A presenza de Castelao en Euskadi revela como unha figura carismática e creativa, irredutible na súa perspectiva política e ética, se converteu nun líder de referencia para os nacionalistas vascos. Dende o seu paso por Euskadi para viaxar por Europa, na primeira estadía en 1932, até o último paso, en 1933, para honrar a Árbore de Gernika, símbolo das liberdades vascas, Castelao sentiu unha fonda e sincera querenza por Euskal Herria.