cantarolas (en Gallego)

anisia miranda xosé neira vilas · edicións xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

os primeiros doce poemas cos que empeza o libro son da autoría de anisia miranda e os vinte restantes de xosé neira vilas. teñen moitos aspectos en común, especialmente o contorno en que se moven e mesmo algúns tratamentos formais.son poemas de estructuras moi sinxelas, relacionados directamente na súa forma coa literatura popular e cheos de ritmo e musicalidade; descritivos ás veces e intimistas outros, amosan o grande amor á terra dos autores e son quen de toca-las cordas máis sensibles dos lectores e das lectoras.salienta de xeito especial a constante presencia do medio natural do noso país, relacionando os seus elementos, especialmente no caso dos poemas de neira vilas, con asuntos de fondo contido social, como a igualdade, a liberdade, a emigración, o traballo, etc.discorren polos poemas do libro animais como a ra, o cabalo, os grilos, as bolboretas ou a xoaniña; e outros elementos da natureza como o río, a chuvia, o sol, o carreiro, os espantallos ou as árbores. describense, cun léxico moi rico e preciso, intensas sensacións que son lamentablemente alleas en xeral ós rapaces e rapazas do medio máis urbano.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes