Cazaría salvaxe (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Agustín Agra · Xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

wotan, o demo negro ou señor do inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e degoaban canto atopaban. mais, foi ricardo ferreiro, o rapazolo da aldea de marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. cando regresou ao país do vento, despois do seu longo exilio na illa de dona escura do mar tenebroso, conseguiu cos poderes e artes alí adquiridos acabar con wotan e pór fin a súa tiranía, que asolaba vilas e aldeas, aínda a custa de pagar un prezo altísimo por semellante afouteza. novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes