Contos a Caron da Lareira

VazquezDavid · Bubok Publishing

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso pais, a cociña da casa converteuse desde a antiguidade no centro de reunion dos veciños e veciñas mais proximos, cara ao anoitecer, cando os labores do campo remataban ata o dia seguinte. A caron do lume da fogueira, onde se preparaba a cea adoitaban falar dos aconteceres diarios do lugar ata ben entrada a noite.Entre grolos de viño e cuncas de cafe con chicoria, xurdian as historias mais recentes e as lendas... a meirande parte delas adornadas de misterio, de pantasmas, de lobishomes, de aparicions, da Santa Compaña, ou das lembranzas da fratricida loita acabada de rematar pero viva nas lembranzas.Os rapaces e rapazas escoitabamos unhas veces con atencion, outras con temor. Ben sabiamos que despois nos custaria prender no sono... ainda asi ficaron gravadas na nosa memoria.Un dia, ala polos catorce ou quince anos, decidin ilas contando nas follas dalguns cadernos. Levou varios anos a tarefa, xa que non lle dedicaba o tempo suficiente, e ficaron entre durmidas e espertas agardando que algun dia as sacase do esquecemento.Como a todo, chegoulle a hora, coa soa intencion de revivir aqueles recordos cos meus veciños e veciñas e con quen desexen coller estas follas entre as mans.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes