contos de grimm

jacob grimm wilhelm grimm · ediciones xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

este fermoso libro de agasallo inclúe os mellores contos dos irmáns grimm, traducidos para o galego por xabier r. baixeras e ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores do estado. esta dobre antoloxía vén precedida dunha introducción de gustavo martín garzo, suxestivamente titulada teoría do final feliz e remata cun emotivo lembranzas dos irmáns grimm , escrito por herman grimm, fillo de wilhelm e sobriño de jacob. javier serrano realizou a ilustración da cuberta, que reune os irmáns grimm con tódolos seus personaxes. miguelanxo prado ilustrou o primeiro dos contos, o lobo e os sete cabritos e os músicos de bremen . fino lorenzo, o outro representante galego nesta antoloxía da ilustración, encargouse de nabiña e os mensaxeiros da morte . silvia blanco de o fiel xoán e os mensaxeiros da morte . tino gatagán de hänsel e gretel e brancaneves . javier zabala de o pescador e a súa muller e a viaxe de polgariño . pablo díaz de o xastriño valente e brancaneves e rosavermella . miguel calatayud de a cincenta e o paxaro de ouro . jesús gabán de carapuchiña vermella e a bela dormente . federico delicado de os seis cisnes e a raíña das abellas . por último, maría jesús santos de polgariño e a laverca cantareira e saltareira .cada un dos contos recolle tres ilustracións, unha a toda páxina, e outra de entrada e saída do texto. a edición moi coidada, a magnífica traducción, a encadernación en cartoné, o grande formato, o acabado en plastificado mate, e o prezo moi axustado fan deste volume un estupendo agasallo para o nadal.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes