literatura galega. aportacións a unha historia crítica

anxo tarrío varela · ediciones xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

este novo libro de anxo tarrío é o froito dunha ducia de anos dedicados ó ensino, crítica e reflexión sobre o feito literario galego e de moitos máis de preparación no apaixonante campo da lingüística, a semioloxía, a teoría da literatura e a literatura comparada.na cadea de manuais historigráficos da que xa pode presumir a cultura galega, e da que o autor se confesa debedor, a presente publicación ofrece algunhas novidades de interese no que se refire ó punto de vista e á metodoloxía adoptados e tamén pola maneira de amosar ó lector, con claridade expositiva e paso a paso, dende as súas manifestacións na idade media ata os nosos días, o proceso de formación dunha literatura que sempre rexurdiu mellorada gracias ó esforzo entusiasta duns poucos homes e mulleres que non perderon a súa profunda confianza nas posibilidades expresivas e estéticas do idioma galego.a información bibliográfica que acompaña a estas aportacións, froito de numerosas e atentas lecturas, de seguro servirá para atallar moitos camiños á futura investigación e docencia da literatura galega. pero quizais sexa a peculiar mestura de rigor e seriedade analíticos, con clara vocación de amenidade interpretativa, o que lle preste a este libro a súa dimensión máis salientable.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes