Meu Avó, rei das Pequenas Cousas (Novas Lecturas de Hércules)

João Manuel Ribeiro · Hércules De Ediciones

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

Eu non teño trono, coroa ou palacio coma os reis do mundo. Eu son un rei diferente de todos os outros. Eu son rei de min mesmo e da miña vida. Sendo rei, son señor de todo o que me pertence. Iso é o que signi ca reinar. Eu reino sobre a miña vida, decido que facer, cando e como vivir. Reino sobre os meus pensamentos e ideas. E gústame ollar as cousas, non como realmente son, senón como poderían ser ou como a min me gustaría que fosen.O que fago é sinxelo: soño, transformo a realidade, dou renda solta á imaxinación. Fágoo de tal maneira que non sei exactamente onde termina o real e comeza a fantasía. Confeso que non comprendín a metade do que o avó dixo, pero, gustoume moito o modo en como falou, co ollar asolagado de alegría, os xestos sinxelos e a postura dun rei. Pensei, ensimesmado: –O avó é rei! Viva o rei! Viva o avó!

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes