O bosque das antas (Edición Literaria - Narrativa)

F. X. Fernández Naval · Xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

de entre todas as cidades galegas é ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. desde a1varez de nóvoa, desde herac1io pérez placer, desde va1entín lamas carvajal, a cidade das burgas transita a blanco amor, a carlos casares, a martínez oca, a manuel guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. agora é, con o bosque das antas, f.x. fernández naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con parís, con nova york, con buenos aires, con leningrado. este será un ourense aberto a oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. e ao mesmo tempo, fernández naval incide nun tema recurrente e cada vez máis solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. ourense e fascismo ligan o bosque das antas con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. e é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. dono do seu relato, fernández naval non permite que os eventos se lle alporicen. controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que ...

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes