O Cemiterio de Barcos (en Gallego)

Francisco Castro · Galaxia

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as idades. David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e nada lle apetece menos que volver á vila de sempre para aburrirse unha vez máis, por moito que o seu pai insista en animalo. Pero así como chega coñecerá a Lucía, unha rapaza que vén de saír dunha relación tóxica e violenta, e xorde entre eles unha complicidade case instantánea. Xuntos descubrirán un segredo soterrado na vila dende hai décadas para así desvelar unha rede corrupta que ameaza con estragar os recursos e o equilibrio da vila e os seus habitantes. O cemiterio de barcos é unha novela sobre a dignidade e fronte a calquera clase de abuso, e unha alegación en contra da violencia machista.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes