O Concurso dos Mellores Inventos vai comezar. A profesora Calista Parada cre que a súa bicicleta para viaxar no tempo non ten rival, pero debe demostrar que funciona. Xunto á súa amiga Begoña López e o sobriño desta viaxarán á Francia decimonónica, loitarán contra impostores e descubrirán algo moito máis importante que gañar o concurso e o premio.