Ao abrir o primeiro manuscrito, Inés lembrou a imaxe da súa nai Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña. Ela ben sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible para poder revivir a nai xa ausente para sempre, e o texto prendeuna a un pasado e unha vida absolutamente descoñecidos para ela.