Papaventos (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Xavier Queipo · Xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

en papaventos, xavier queipo transpórtanos desde as douradas praias de california ó país da brétema, pasando por chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. a historia de papaventos ten a súa orixe na morte de giovanni portiero, traductor de josé saramago ó inglés. portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de ensaio sobre a cegueira. saramago contoullo, totalmente abraiado, a donzelina barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria the paris review, editada en nova york no inverno de 1998, logo de recibir o premio nobel. xavier queipo quere “que ninguén procure outra semellanza. agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. por respecto a portiero. por respecto a saramago. por respecto a quen lea esta novela”.a partir, pois, desta anécdota real queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes