Servicio de urxencias (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo) (en Gallego)

Suso De Toro · Xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

a doutora chus nespereira, a enfermeira encarnación silva, o doutor paulino pereiro, o celador cipriano vilariño e o doutor dapena, xefe do servicio de urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que suso de toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. quince guións da serie servicio de urxencias, emitida pola tvg en 1989, dirixida por xaime fandiño e protagonizada pola desaparecida marisa soto, e por luma gómez, manuel pombal e antonio durán morris.o espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a suso de toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo.o humor de suso de toro, nace da dor, como pensaba castelao. o humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. e por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas. iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. o humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes