Sol de Inverno (Edición Literaria - Narrativa)

Rosa Aneiros · Xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

sol de inverno, a obra coa que rosa aneiros gañou o premio xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: inverno. a protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de antes a barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a francia; ao emblemático barco ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao parís do maio do 68. será en cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a antes. para o xurado do premio xerais 2009 “sol de inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. a memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.”

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes