Tres trebóns (Edición Literaria - Narrativa)

Xurxo Souto · Xerais

Ver Precio
Envío a toda Colombia

Reseña del libro

“tres trebóns” de xurxo souto reúne cinco relatos (“as fontes de compostela”, “a pesca do mar-rau”, “aldea terremota”, “a voda máis bonita do mundo” e “a marabilla de barna”) presididos todos eles polo sabor salgado do mar e polo ritmo cantareiro da música da repichoca. para fran alonso, autor do limiar, “estas historias están cheas de repichocas, ese fabuloso berro ancestral impregnado de música e terra. repichocas que teñen a forza dun aturuxo quente, dun arrouto de paixón, esa forza do ancestral que xurxo souto sabe empregar para revelarnos cal é o pulso dun país novo, distinto, fachendoso. as cousas que di chegan ao corazón. xurxo souto exerce o seu oficio literario con frescura, con orixinalidade, cun poderoso universo propio que constrúe asumindo o mellor da tradición, o mellor da oralidade, o mellor da lingua popular, o mellor do rexistro dos contadores de contos, o mellor dos alentos narrativos, fundindo a vida, a literatura, a música e a mitoloxía coma se fosen unha única cousa que desfolla e queima para que, na alquimia das súas cinzas, renazan estes relatos prodixiosos”.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes