Compartir
AMOTE, SINTOO, PERDOAME, GRAZAS Ponopono aprende as Palabras Maxicas (en Galego)
Maria Badenes
(Autor)
·
Noemi Pelaez
(Ilustrado por)
·
Createspace
· Tapa Blanda
AMOTE, SINTOO, PERDOAME, GRAZAS Ponopono aprende as Palabras Maxicas (en Galego) - Peláez, Noemí ; Badenes, María
Libro Nuevo
Importado
Envío: 18 a 24 días háb.
$ 104.126$ 52.063
Costos de importación incluídos en el precio ✅
Reseña del libro "AMOTE, SINTOO, PERDOAME, GRAZAS Ponopono aprende as Palabras Maxicas (en Galego)"
Virtuosa cousa é perdoar a quen se arrepinte. Séneca O que é incapaz de perdoar é incapaz de amar. Martin Luther King Cando exercemos e practicamos o perdón, a compaixón e o amor experimentamos unha espiritualidade vívida. Harmonizarnos cos outros, é un gran desafío, pois o ego material quere persuadir os nosos pensamentos, de que nós estamos separados uns doutros: separados do mundo e da natureza, separados de nós mesmos e separados da Fonte. Se o cremos, temos pois que loitar pola nosa existencia. Atopámonos nun latente medo permanente ao descoñecido e experimentamos unha carencia silenciosa. Debemos ensinar aos nosos fillos que o universo coida de nós e pon á nosa disposición, todo o que necesitamos. Estamos sempre unidos co universo. O Divino está en todas partes e tamén nos nosos corazóns. Lamentablemente esquecémonos desa unión. Esta comunicación coa Fonte Eterna é novamente vivificada, cando recoñecemos o Divino en todos os seres viventes e pedímoslle perdón ao Divino nos demais. A viaxe é pois cara ao noso interior. A espiritualidade non está en cambiar aos demais, senón na aceptación da súa singularidade dentro da Creación. Se xa desde pequenos os nosos fillos e fillas aprenden esta gran verdade, sen darnos conta contribuímos a un futuro moito máis feliz e a un mundo cheo de esperanza e amor. Todos os nenos do mundo deberían coñecer as palabras máxicas e recitalas continuamente. ÁMOTE, SÍNTOO, PERDÓAME, GRAZAS.